Superpremio para o Concurso de Rockeiros Mortos

31/10/2012 | Outras Caralladas | Permalink

Como sabedes, esta noite no Samaín Rock teremos un concurso moi especial entre os que veñades disfrazado do voso rockeiro favorito (si é morto millor!). Pois ben, xa temos listo o premio que levará o gañador. Trátase de un Ukelele terrorificamente customizado por Neves Seara, magnífica art e directora do centro de arte Aire, en Santiago.

Para participar no concurso o único que tedes que facer é acudir disfrazados do voso rockero favorito e pasar polo noso photocall, que montaremos no Cachán Clube, a partires das 23:30. A continuación subiremos a vosa foto ao Facebook do evento, e dende os vosos móbiles (esa noite abriremos a wifi do Cachán) poderedes votar ós vosos disfraces favoritos. O que consiga máis “me gusta” farase co premio.

Se non podedes vir ó Cachán, non deixedes de visitar o noso Facebook esa noite para votar polo voso rockero favorito.

Horarios e demais

30/10/2012 | Novas | Permalink

Debido ó cambio á Zona C, vémonos na obriga de suprimir as Pulgas dos Mortos, o rastro que tiñamos previsto montar na Praza Dos Bombeiros. De tódolos xeitos, seguimos adiante có Obradoiro de Maquillaxe, polo que se queredes ter unha pinta terrorífica non dubidedes en pasar por el.

Por outra banda, estes son os horarios definitivos:

ZONA C
20:30 – Lendrone
21:30 – Burgas beat
22:30 – Guerrera

CHACHÁN CLUBE
00:00 – Pastillas Mamut

O Samaín Rock se refuxia na Zona C

30/10/2012 | Novas | Permalink

O Samaín Rock que Desconcierto Cultural tiña previsto celebrar inicialmente na Praza dos Bombeiros cambia de ubicación á Zona C. O parte meteorolóxico non pinta nada ben para mañan pola noite, cunha importante borrasca que ameaza botar a perder todo o evento. A Zona C está situada a uns 100 metros da Praza dos Bombeiros, no edificio anexo ó mosteiro de Santo Domingos de Bonaval. Lóxicamente, o evento segue a ser de balde e dende aquí seguimos animando ás masas a que vos vistades de rockeiros defuntos para conseguir ese fantástico premio que vos temos preparados.

Obradoiro de maquillaxe e Pulgas dos Mortos

26/10/2012 | Outras Caralladas | Permalink

Imos axudarvos a resucitar os vosos rockeiros preferidos, e para elo prepararemos un obradoiro de maquillaxe onde, máis que colorete e lapis de ollos, non faltará o sangue, as olleiras e as caras esbrancuxadas.

Por outra banda, trae tódalas cousas que teñas por casa acumulando polvo, e que poidan servir para completar un disfraz, e déixaas no rastrillo que estará ubicado xunto ó taller de maquillaxe. Alí tamén poderás coller cousas que deixe outra xente, para o teu propio disfraz!!

Concurso de rockeiros (canto máis mortos millor!)

25/10/2012 | Outras Caralladas | Permalink

Unha festa, sen disfraces, non é unha festa… E que mellor ocasión que o Samaín Rock para homenaxear ós nosos rockeiros favoritos que están criando malvas.

¡Anímate! ¡Que temos premio! Buscamos ó mellor Jim Morrison zombie, á máis fermosa e tétrica das Janis Joplin e ós máis fúnebres dos irmáns Ramone. Tamén podes vir disfrazado dun rockeiro vivo, pero entón non te regalaremos unha estupenda chapa de Desconcierto!

Para participar no concurso o único que tedes que facer é acudir disfrazados do voso rockero favorito e pasar polo noso photocall, que montaremos no Cachán Clube, a partires das 23:30. A continuación subiremos a vosa foto ao Facebook do evento, e dende os vosos móbiles (esa noite abriremos a wifi do Cachán) poderedes votar ós vosos disfraces favoritos. O que consiga máis “me gusta” farase co premio.

Se non podedes vir ó Cachán, non deixedes de visitar o noso Facebook esa noite para votar polo voso rockero favorito.

Samaín Rock?

06/10/2012 | Uncategorized | Permalink

Samaín: Celebración de orixe celta que o cristianismo reconverteu no Día de Todos os Santos. A noite do 31 de outubro comeza o aninovo celta, remata o verán e entra o inverno. Nesta noite as ánimas dos mortos atravesan a porta que separa o mundo dos vivos e dos mortos e visitan as casas das súas familias para quentarse e tomar algo de alimento.
Rock: Música popular que xurdiu nos anos 50, de ritmo moi marcado, na cal se fai un emprego sistemático da guitarra eléctrica e da batería. Baile moi rítmico baseado nesta música.
Samaín Rock: Celebración popular coa que a Asociación Desconcierto Cultural celebrará o vindeiro 31 de outubro o Samaín con catro concertos de rock.