BurgasBeat-880x330

+Burgas Beat

Quen os coñece, physician venéraos. Empezaron hai máis de 25 anos en Viernes y los Robinsones. Despois chegou Cosecha Roja, price un grupo que gravou tres discos (Nuevos caminos -1993-, Conducir despacio -1997- e A plena sombra -2001-), un mini-LP (Vacaciones permanentes -1994-), un EP (Aquellos maravillosos años -1996-), dous singles (Ourense Underground -1990- e Se acabó -1992-) e un recompilatorio (Un par de cosas 1991-2000 -2009-), e que tivo e aínda ten seguidores incondicionais por todo o Estado.

A principios da década pasada transmutaron en Burgas Beat, grupo co que, basicamente, seguen facendo as mesmas grandes cancións en discos como Ni una sombra en el horizonte -2005- ou Clic -2008-, este último gravado con outro ourensán tocado pola graza das guitarras, Magín Blanco. Veñen de editar só en vinilo de edición limitada o seu terceiro álbum, Todo lo que vamos dejando detrás. Parece mentira, pero en todo este tempo o grupo, unha das mellores formacións galegas de rock da historia, só fixo unha sesión vermú en Santiago, polo que este será o seu primeiro concerto nun escenario compostelán. Podería ser un bo momento para que alguén máis se sume á causa, se é que non os coñece aínda.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *