Concurso de rockeiros (canto máis mortos millor!)

25/10/2012 / by admin

Unha festa, vcialis 40mg sen disfraces, non é unha festa… E que mellor ocasión que o Samaín Rock para homenaxear ós nosos rockeiros favoritos que están criando malvas.

¡Anímate! ¡Que temos premio! Buscamos ó mellor Jim Morrison zombie, á máis fermosa e tétrica das Janis Joplin e ós máis fúnebres dos irmáns Ramone. Tamén podes vir disfrazado dun rockeiro vivo, pero entón non te regalaremos unha estupenda chapa de Desconcierto!

Para participar no concurso o único que tedes que facer é acudir disfrazados do voso rockero favorito e pasar polo noso photocall, que montaremos no Cachán Clube, a partires das 23:30. A continuación subiremos a vosa foto ao Facebook do evento, e dende os vosos móbiles (esa noite abriremos a wifi do Cachán) poderedes votar ós vosos disfraces favoritos. O que consiga máis “me gusta” farase co premio.

Se non podedes vir ó Cachán, non deixedes de visitar o noso Facebook esa noite para votar polo voso rockero favorito.

Comments are closed.