Guerrera-880x330

Guerrera

Guerrera son catro mozos apaixonados do blues pantanoso, shop o rock psicodélico, cialis a experimentación e o stoner máis setenteiro. A base de improvisar e tocar en directo dende o 2010, crearon o que definen como ‘psychedelic gipsy blues’. A súa primeira referencia apareceu no disco recompilatorio Metamovida Vol. 1, editado por un colectivo musical que agrupa a bandas da escena alternativa de Vigo e da súa contorna, onde aparecían xunto a bandas como Cró!, Es un árbol, Buogh!, Unicornibot, Durarará!! e Why Go.

Agora teñen xa gravado o seu debut, Under The Gypsy Sound, todo un tratado de blues-rock profundo e enérxico rexistrado nos estudos Planta Sónica II de Vigo completamente en directo, como lles gusta. A través da plataforma Verkami están a recadar fondos para editar 300 copias en formato vinilo cunha edición artesanal especial, con cada portada serigrafiada a man, utilizando cores diferentes.

2 thoughts on “Guerrera

  1. Mr. Hyde says:

    Guerrera molan mucho, pero hay un error: el disco se llama “Under The Gypsy Sun” 😉

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *