Lendrone-880x330

+Lendrone

Lendrone é un cuarteto da Coruña que fai rock de última xeración. Dirixidos polo multiinstrumentista Andrés Satué, order publicou o ano pasado un primeiro EP chamado así, pharmacy EP I. Coa súa arriscada mestura de rock, electrónica, posthardcore e todo o que a un se lle poida pasar pola cabeza, os tres mosqueteiros da cidade herculina postúlanse como a gran aposta do futuro dunha xeración de músicos galegos que non pode deixar de crear. Irmáns artísticos de Unicornibot, tamén lles fascinan Shellac e Battles.

Nestes días acaban de gravar un disco de 11 temas repleto de apoios electrónicos e que será publicado por Matapadre a finais de ano co título de UN. En directo demostran unha sorprendente capacidade para crear ambientes, sostelos no aire e logo esnaquizalos por completo en desenvolvementos abraiantes.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *