+Caralladas

+ Concurso de disfraces!

Unha festa, cure sen disfraces, ed non é unha festa… E que mellor ocasión que o Samaín Rock para homenaxear ós nosos rockeiros favoritos que están criando malvas.

¡Anímate! ¡Que temos premio! Buscamos ó mellor Jim Morrison zombie, treat á máis fermosa e tétrica das Janis Joplin e ós máis fúnebres dos irmáns Ramone. Tamén podes vir disfrazado dun rockeiro vivo, pero entón non te regalaremos unha estupenda chapa de Desconcierto!

Para participar no concurso o único que tedes que facer é acudir disfrazados do voso rockero favorito e pasar polo noso photocall, que montaremos no Cachán Clube, a partires das 23:30. A continuación subiremos a vosa foto ao evento en Facebook, e dende os vosos móbiles (esa noite abriremos a wifi do Cachán) poderedes votar ós vosos disfraces favoritos. O que consiga máis “me gusta” farase co premio.

Se non podedes vir ó Cachán, non deixedes de visitar o noso Facebook esa noite para votar polo voso rockero favorito.

+ Obradoiro de maquillaxe e Pulgas dos Mortos

Imos axudarvos a resucitar os vosos rockeiros preferidos, para elo prepararemos un obradoiro de maquillaxe onde, máis que colorete e lapis de ollos, non faltará o sangue, as olleiras e as caras esbrancuxadas.

Por outra banda, trae tódalas cousas que teñas por casa acumulando polvo, e que poidan servir para completar un disfraz, e déixaas no rastrillo que estará ubicado xunto ó taller de maquillaxe. Alí tamén poderás coller cousas que deixe outra xente, para o teu propio disfraz!!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *