+Pastillas Mamut

O fin de festa trasladarase á Sala Cachán de Santiago, patient onde, a partir das 12 da noite, tocarán Pastillas Mamut, que é o resultado da unión de dúas das bandas máis prometedoras do underground lucense: Grandfather Pills e ExMamut.

A mestura de música de baile con guitarras e baixo eléctrico fan que sexa un dos grupos máis orixinais saídos da cidade amurallada. Con apenas ano e medio de existencia e con idades entre os 22 e 25 anos xa tocaron en case toda a xeografía galega e autoeditáronse unha maqueta, a cal chegou até as listas de éxitos da prensa independente. Embaixadores de Lugo e a súa cultura en todos os concertos que dan, colaboraron coas deseñadoras Sara Lage e Maru Calderon, vestindo os seus deseños nalgunhas actuacións. Tamén foron protagonistas de programas de televisión como Música Ambiente gravando vídeos das súas cancións nas rúas de Lugo.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *