Superpremio para o Concurso de Rockeiros Mortos

31/10/2012 / by admin

Como sabedes, sales esta noite no Samaín Rock teremos un concurso moi especial entre os que veñades disfrazado do voso rockeiro favorito (si é morto millor!). Pois ben, xa temos listo o premio que levará o gañador. Trátase de un Ukelele terrorificamente customizado por Neves Seara, magnífica art e directora do centro de arte Aire, en Santiago.

Para participar no concurso o único que tedes que facer é acudir disfrazados do voso rockero favorito e pasar polo noso photocall, que montaremos no Cachán Clube, a partires das 23:30. A continuación subiremos a vosa foto ao Facebook do evento, e dende os vosos móbiles (esa noite abriremos a wifi do Cachán) poderedes votar ós vosos disfraces favoritos. O que consiga máis “me gusta” farase co premio.

Se non podedes vir ó Cachán, non deixedes de visitar o noso Facebook esa noite para votar polo voso rockero favorito.

Comments are closed.